O Lugo Sala despidese da Copa do Rei cun Municipal abarrotado
Unha noite para soñar e disfrutar foi a que se viviu onte no Municipal de Lugo. Dábanse cita o Lugo Sala e o actual campión da Copa do Rei, o Inter Movistar, para disputar o 1/16 de final. Un Pavillón abarrotado con aproximadamente 1900 espectadores acercáronse para vivir un día histórico na cidade de Lugo.
O encontro daba comezo e podían respirarse os nervios. O Lugo Sala saliu activo en defensa para intentar parar a un Inter que non viaxaba a Lugo a perder o tempo. No minuto 4, o conxunto madrileño abría o marcador para poñer o 0-1 tras un golpeo de José Raya. Poucos minutos tardaron en sumar un novo gol o electrónico (0-2), ante un conxunto lucense que non era capaz de xenerar ofensivamente. Fermín Hidalgo paraba así o encontro para intentar reducir os nervios dos seus xogadores, e anímalos a competir e disfrutar.
O Lugo Sala seguía intentado que aparecese o primeiro gol para meterse no partido, e tras varias ocasións seguía sen ter sorte. Non lle pasaba o mesmo o Inter Movistar, que tras un mal entendemento entre “Torero” e Isi, colocaba o 0-3 no electrónico. Este non iba a ser o resultado final ao descanso, xa que minutos máis tarde Raúl Gómez colocaba o 0-4. Willy May tivo a oportunidade de poñer o 1-4 no marcador, tras un tiro directo de falta que enviou a grada. Así que o encontro mantiña o 0-4 ao descanso.
Tras o paso por vestuarios o encontro comenzaba con superioridade para o Lugo Sala, e ninguén entendía o motivo. Unha expulsión de Cecilio no descanso, dáballe unha oportunidades o conxunto local de atacar con un xogador máis. Así chegaba o primeiro gol para os de Fermín Hidalgo. O encargado sería Brunito, que sin temblarlle a perna colocaba o balón dentro da portería de Jesús García. O Lugo Sala conseguía facer uns bos minutos, e tras unha xogada perigosa Willy May saca unha falta a favor que o árbitro concede en penalti. Álex Diz, que volvía ao equipo a pasada semana, era o encargado de facer os honores. Tras engañar o porteiro do conxunto madrileño, poñía o 2-4 no marcador a falta de 15 minutos para o final, e con opcións aínda con poder soñar.
Unhos últimos minutos cunha grada entregada ao equipo, animando a un Lugo Sala que estaba facendo ben as cousas, pero que a alegría iba a durar pouco. Minutos máis tarde, Sergio Vizuete poñía o 2-5 tras unha mala defensa local. No minuto 34 “Pirata” era expulsado, e a afición mostraba a súa alegría. O Lugo Sala volvía a ter uns bos minutos con moitas ocasións, que non conseguían convertir en gol. Cun resultado xa sentenciado por 2-6, Fermín Hidalgo introducía en pista a xogadores que non tiveron minutos como Javi García, Aaron Chousa e Rubén. Finalmente, o Inter Movistar cerraba este encontro cun novo gol que deixaba un resultado final de 2-7.
Unha noite máxica no Municipal e na cidade de Lugo, na que o equipo loitou sabendo que iba a ser un encontro difícil ante os actuáis campións da Copa do Rei.

Lugo Sala 2: Adri, Miguel Muñoz, Pansi, Isi e Álex Diz – tamén xogaron- Aaron, Javi, Jose Segura, Pablito, Willy May, Brunito, Yago Tenreiro, Rubén e Mitxel.
Inter Movistar 7: Jesús García, Cecilio, Raya, Pirata e Sergio Barona – tamén xogaron – Jesús Herrero, Bruno, Raúl, Harrison, Javier, Sergio Vizuete, Jaime, Carlos Bartolomé e Daniel Colon.
Gol: 0-1 Raya (4’), 0-2 Adri (6’) (P.p), 0-3 Jaime Martínez (15’), 0-4 Raúl Gómez (17’), 1-4 Brunito (23’), 2-4 Álex Diz (25’), 2-5 Sergio Vizuete (30’), 2-6 Raya (37’), 2-7 Daniel Colon (40’).
Árbitros: Héctor Vilas López, Roberto Segundo Amor e Berta García Vázquez.
Incidencias: Cuarta eliminatoria da Copa do Rei



