O Lugo Sala exhíbese no Municipal ante o Albense FS cun contundente 7-1
O Municipal de Lugo volvía vivir unha noite importante na Segunda División B. O Lugo Sala recibía ao Albense FS, terceiro clasificado da categoría e rival directo do conxunto lucense. Un encontro que prometía, e que os de Fermín Hidalgo asinaron unha gran exhibición para pechalo cun contundente 7-1, que os coloca na terceira posición.
Arrincaba o encontro cunha gran intensidade por parte de ambos os conxuntos. A alta presión do Lugo Sala, complicoulle a saída de balón a un Albense que lle custaba chegar a portería e realizar pases fáciles. O equipo local imploró o seu ritmo durante todo o encontro, o que lle fixo estar cómodo, a pesar de que nos primeiros minutos non lograsen ver o gol. Co paso dos minutos, o Lugo Sala foi crecendo aínda máis no xogo. Así foi como o dominio do xogo traduciuse finalmente grazas a Isi, no primeiro gol do encontro, dándolle máis confianza ao equipo para pechar a primeira metade do encontro con boas sensacións, e co marcador a favor.
Tras o paso por vestiarios comezou a goleada. O Lugo Sala estaba a asinar un dos mellores encontros da tempada, e tras transcorrer os dous primeiros minutos da segunda metade, chegaba o 3-0. O primeiro facíao Rubén e o segundo Jose, para seguir alongando as distancias no marcador. Os pupilos de Fermín Hidalgo estábanse a atopar moi ben dentro da pista, polo que un minuto máis tarde, Pansi colocaba o 4-0 no marcador, xogador que formou parte da plantilla do Albense a tempada pasada.
O conxunto visitante non conseguía frear os lucenses, e optaron por xogar de 5. Situación que non lles favoreceu nun primeiro momento, xa que dous minutos máis tarde, Aarón sacou rápido cun disparo que foi directo á portería, e poñía así o 5-0. O Lugo Sala xa máis relaxado, seguiu xogando ao seu, pero unha mala defensa aproveitouna Juan, para encaixar o primeiro tanto do Albense FS. Brunito e Rubén sentenciarían o encontro con estos dous últimos goles nos minutos fináis, que dábanlle unha victoria importante ao Lugo Sala. Cerrando a vixéxima primeira xornada en terceira posición e con moi boas sensacións do equipo.
Resultados da Segunda División B

FICHA TÉCNICA
Lugo Sala 7: Aarón, Jose Segura, Pablito, Rubén, Pansi – tamén xogaron – Guti, Yerai, Javi, Brunito, Yago T., Miguel Muñoz, Mitxel e Isi.
Albense FS 1: Carlos, Álvaro, Juan, Jorge, Daniel – tamén xogaron – Marcos, Caminero, Raúl, Sergio, Marcos Martín e Guillermo.
Goles: 1-0 Isi (20′), 2-0 Rubén (22′), 3-0 Jose (22′), 4-0 Pansi (23′), 5-0 Aarón (25′), 5-1 Juan (27′), 6-1 Brunito (28′), 7-1 Rubén (30′).
Árbitros: Cristian Garro, Jesús Muñoz, Andrea De Luis.
Incidencias: Xornada 21 da Segunda División B,



