O Lugo Sala rompe o partido na segunda metade e golea ao IES Coruxo (8-2)

O Municipal de Lugo recibía un novo encontro da Segunda División B. Duelo que enfrontaba ao Lugo Sala, equipo que segue loitando por manter a segunda posición na clasificación, e o IES Coruxo, que chegaba nunha circunstancia moi diferente, xa que necesitaba sumar os tres puntos para afastarse dos postos de descenso. Finalmente, tras unha moi boa metade do conxunto lucense, conseguía deixar os 3 puntos en casa e manter a segunda posición na clasificación, cun resultado final de 8-2.

Arrincaba o encontro en Lugo, con dous conxuntos que saíron á pista con intensidade para tentar levar o partido. No minuto 3, Isi, conseguía abrir o marcador para os locais e colocar así o 1-0, demostrando que xogar no Municipal non é fácil, e que aí mandan eles. Pero a alegría non lles ía a durar moito, o IES Coruxo non tiña nada que perder, e non baixaba os brazos. Así, no minuto 7, tras unha mala defensa local, conseguía devolver o marcador a táboas co 1-1. Unha primeira metade que estaba a ser moi igualada e competida, con oportunidades para volver poñerse por diante ambos os conxuntos. Tras pasar o ecuador, o encontro converteuse en caótico, moitas faltas que levaron a ambos os conxuntos á liña de dobre penalti. Primeiro tivo a oportunidade de convertelo e poñerse por diante o IES Coruxo, pero non foi capaz de facer gol. Na seguinte xogada tívoa o Lugo Sala, esta vez con máis sorte, xa que Isi foi capaz de introducir o balón entre os tres paus e adiantar de novo ao conxunto lucense (2-1). Xa cando parecía que o partido chegaría así ao descanso, a falta duns segundos para finalizar a primeira metade, Quique, lograba poñer o marcador novamente en táboas por 2-2, para deixar o partido á súa sorte na segunda metade.

Tras o paso por vestiarios a dinámica cambiou por completo. O Lugo Sala fíxose máis forte, e saíu a por o partido sen compaixón ningunha. Tras transcorrer os dous primeiros minutos, reaparecía Isi para asinar o seu hat trick, e adiantar de novo ao conxunto local, colocando o 3-2. O IES Coruxo frustrado porque non lle saen ben as cousas, grazas á boa defensa dos pupilos de Fermín Hidalgo, empezan a irse do encontro. No minuto 25, tras dous goles seguidos do eterno capitan Miguel Muñoz, abre a brecha no marcador complicándolles aínda máis as cousas ao colocar o 5-2. O Lugo Sala levaba así o ritmo do partido, no cal se estaban atopando moi cómodos e gozaban, tras unha primeira metade máis igualada. A esta festa uniuse Mitxel, quen colocaba o 6-2 tras un bo disparo á escuadra que non deixaba indiferente a ninguén. O IES Coruxo sen nada xa que perder, optou por saír de 5, pero as cousas non lles saíu como esperaban. Tras unha parada de Guti, tira rápido a portería rival, coa gran sorte de introducir o balón entre os tres paus e sumar así o seu primeiro gol coa camiseta do Lugo Sala (7-2). Finalmente, a falta de dous minutos para chegar ao final do encontro, reaparecía Mitxel para sentencialo colocando o 8-2, que lle daría a vitoria ao conxunto lucense para seguir mantendo a segunda posición na clasificación.

 

Resultados da Segunda División B

 

FICHA TÉCNICA

Lugo Sala 8: Guti, Jose Segura, Pablito, Pansi e Isi – tamén xogaron – Aarón, Yerai, Javi, Brunito, Yago T., Miguel Muñoz, Rubén S., Mitxel e Pedro.

IES Coruxo 2: Fernando, Pedro, Quique, Javi, Pablo – tamén xogaron – Jorge, Daniel, Alberto, Pablo Lamoso, Cristian, Alexis.

Goles: 1-0 Isi (3′), 1-1 Pablo (7′), 2-1 Isi (14′), 2-2 Enrique (20′), 3-2 Isi (22′), 4-2 Miguel Muñoz (25′), 5-2 Miguel Muñoz (25′), 6-2 Mitxel (27′), 7-2 Guti (32′), 8-2 Mitxel (38′).

Árbitros: Iván Feliz Otero, Olivier Cardero Rodríguez e Andrea De Luis.

Incidencia: Xornada 25 da Segunda División B