O Lugo Sala saca tres puntos de ouro de Pinatar (2-3)
Os de Guillermo Martínez visitaban o Pavillón Príncipe de Asturias medíndose ao Zambú CFS Pinatar, un duro rival difícil de abater que situábase como quinto clasificado na táboa e que cultivara dúas vitorias consecutivas.
Na primeira parte tras dez minutos sen goles, chegou o primeiro tanto do equipo murciano que convertía Juanpi (1-0). O equipo lucense buscou o empate pero a primeira metade rematou co Lugo Sala indo por debaixo no luminoso e con gañas de reverter a situación do encontro.
Na segunda parte e xa no minuto 4, Brunito igualou o duelo (1-1) metendo de cheo no encontro aos nosos. Dous minutos despois, os locais adiantáronse no marcador co gol de Arroyo (2-1) pero o Lugo Sala non baixou os brazos. No minuto 35 Álex Diz facía o empate (2-2) e a falta de 4 minutos para o final, Porto puxo a guinda co seu tanto (2-3) a un partido pelexado por esta familia e con moitas semanas de traballo detrás.
Tras moito esforzo e dedicación, o Lugo Salga finalmente conseguiu a súa primeira vitoria na Segunda División. Este logro histórico é froito do traballo incansable dos xogadores e o corpo técnico, os cales seguirán pelexando esta tempada medrando partido a partido.
O equipo lucense afronta a seguinte xornada contra a Unión África Ceutí na xornada 7 no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo buscando continuar esta racha positiva.
Resultados da Xornada de Segunda División
FICHA TÉCNICA:
Zambú CFS Pinatar 2 : Mario González, Nano, Q.Hernando, Juanpi, Saura, Sanabria, Patri, Alex M., Cobarro, D.Iniesta, Juanfran, J.Carlos e Arroyo.
ADC Lugo Sala 3: Yerai, Brunito, Diego Núñez, Álex Diz, Iván Gemes, Iago Rodríguez, Saúl, Miguel, Álvaro, José López e Porto.
Goles: 1-0 Juanpi min.12, 1-1 Brunito min. 24, 2-1 Arroyo min .26, 2-2 Álex Diz min. 35 e 2-3 Porto min.36.
Árbitros: Christian Castro e Marcos Cazorla.
Incidencias: sexta xornada da Segunda División de fútbol sala masculina – Pavillón Príncipe de Asturias.