O Lugo Sala suma o seu segundo punto contra o CD Leganés FS (2-2)

O Lugo Sala chegaba ao Municipal de Lugo para afrontar a xornada 6 de Segunda División contra o CD Leganés FS tras sumar un empate en Sevilla. Tras unha semana dura marcada polas baixas no vestiario,  o adestrador do Lugo Sala Guillermo Martínez resaltou: “A valoración do partido comeza por dar as grazas aos meus xogadores, demostraron ser un equipo de verdade e iso é fundamental para calquera cousa que queramos conseguir esta tempada” remarcaba o técnico murciano. 

Na primeira parte o Municipal puido ser testigo dun Lugo Sala sólido na parte posicional e de transición pero con mala precisión en defensa a balón parado. No minuto 5, Porto poñía o 1-0 no marcador pero nada máis dous minutos despois, Merino aproveitaría un erro defensivo dos lucenses para colocar o 1-1. Xusto antes de rematar a primeira metade, Juanma adiantaba aos leganenses poñendo o 1-2 aproveitando outro erro defensivo dos de Guillermo Martínez. 

Na segunda parte, os locais souberon atopar os puntos débiles do rival dando un paso adiante e Álex Dix fixo o segundo tanto no minuto 30 (2-2), dous minutos despois Porto foi expulsado por dobre tarxeta amarela e Lugo Sala fíxose forte aguantando a inferioridade sen encaixar. Guillermo Martínez confiou no equipo e non sacou o porteiro-xogador e os nosos tiveron ocasións para facer o terceiro. 

O Lugo Sala afronta a próxima séptima xornada fora da casa contra o Zambú CFS Pinatar, situado como quinto clasificado na táboa de Segunda División. Do que non hai dúbida, é de que Lugo Sala está medrando na categoría e seguirá loitando por conseguir os tres primeiros puntos. 

 

Resultados da Xornada de Segunda División

 

FICHA TÉCNICA: 

ADC Lugo Sala 2: Yerai, Brunito, Diego Núñez, Álex Diz e Porto – cinco inicial – Iván Gemes, Iago Rodríguez, Saúl, Miguel, Álvaro, José López e Mitxel. .

CD Leganés 2: Óscar de la Faya, Juanma, Alex Fuentes, Chicho e Miguel – cinco inicial – Merino, Robles, Dani Colorado, Risquez, Nestor, Cabañas e Andreu. 

Goles: 1-0 Porto min. 5, 1-1 Merino min. 7, 1-2 Juanma min. 20, 2-2 Alex Diz min.30. 

Árbitros: Kepa Dìez e Xabier Huarte. 

Incidencias: quinta xornada da Segunda División de fútbol sala masculina – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo