O Lugo Sala suma unha victoria importante ante o Esteo F.S (4-0)
Comezaba o encontro no Municipal de Lugo, cun duelo a priori nada fácil para o Lugo Sala. Recibía na súa casa ao terceiro clasificado da categoría, O Esteo F.S. Pero os pupilos de Fermín Hidalgo non iban a poñerlles as cousas sinxelas, xa que buscan seguir sumando posicións na táboa.
Uns primeiros minutos con grandes oportunidades para o Lugo Sala, pero que non lograban convertir en gol. A alta intensidade defensiva e presión alta, non deixaba xogar con fluidez ao Esteo, que non lograba entrar no encontro.
Non foi ata o minuto 15 canso se logrou abrir o marcador, para o lado do Lugo Sala, tras un gran disparo de Miguel Muñoz, que poñía o 1-0. Os minutos seguían pasando, e o encontro mantíñase igual, para chegar ao descanso con esa pequena ventaxa no electrónico.
Tras o paso por vestuarios a dinámica cambiou un pouco nos primeiros minutos. Un Lugo Sala con máis despistes, perdendo balóns, pero que o Esteo F.S non soupo aproveitar.
No minuto 29 volvía a aparecer Miguel Muñoz para poñer o 2-0 no marcador, e seguir así ampliando as distancias. Na seguinte xogada Isi poñía o 3-0, nun encontro no que o Lugo Sala estábase gustando.
Unha gran xogada de Álex Diz a nivel individual que lle daba un pase a segundo palo a Isi, podía poñer o 4-0, pero o porteiro do Esteo sacou o balón sobre a línea de gol. Poucos minutos máis tarde, o mismo Álex Diz pondría o 4-0 final para sumar outros 3 puntos na clasificación.
Victoria importante para un Lugo Sala que sigue traballando para estar nos tres primeiros postos.

Resultados da Segunda Divisiones B
Lugo Sala 4: Adri, Jose Segura, Willy May, Miguel Muñoz, Pansi – tamén xogaron – Aaron, Pablito, Brunito, Yago Tenreiro, Ruben, Isi e Álex Diz.
O Esteo F.S. 0: Diego Vázquez, Alejandro, Álvaro, Adrián Matos, Adrián Rodríguez – tamén xogaron – Alejandro Regueira, Sergio Cabarcos, Gael, Ruben e Pablo Pernas.
Goles: 1-0 Miguel Muñoz (15’), 2-0 Miguel Muñoz (29’), 3-0 Isi (29’), 4-0 Álex Diz (36’).
Árbitros: Iván Feliz Otero, Pablo Enrique Guntin Garrido e Susana Álvarez Jaimes.
Incidencia: Xornada 11 da Segunda División B.



