O VIII Torneo de Nadal reunirá en Lugo a 77 equipos

A cidade de Lugo un ano máis converterase con motivo das datas do Nadal nunha das referencias a nivel local, provincial, autonómico e nacional do fútbol sala. E é que desde Lugo Sala organizaremos unha nova edición do noso Torneo de Nadal, que reunirá a máis dun milleiro de xogadores e xogadoras que participarán durante os cinco días de competición.

Como cada ano haberá unha fase previa, a autonómica con 45 equipos, que se levará a cabo entre o 27 e 28 de decembro, mentres que a segunda fase, a nacional, celebrarase o 2, 3 e 4 dando comezo ao ano 2026, e no que participarán 32 equipos.

Nesta edición o torneo estará destinado, na fase autonómica, para cinco categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. A fase nacional estará compost a de catro categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

Como cada ano, este torneo de Nadal reunirá ás mellores canteiras do fútbol sala gallego e nacional. Xa confirmaron a súa asistencia clubs como: Pecheches FS, Hércules Coruña FS, Valladolid Tierno Galván, Moprisala Toledo, Esteo As Pontes. Ademáis dos nosos equipos da canteira.

A magnitude do torneo fará que se volvan a movilizar cinco instalacións deportivas da cidade. Nesta ocasión contaremos con: Palacio Municipal dos Deportes de Lugo, Casa do Deporte, Pavillón O Palomar, Pavillón Daniel Cordido e Pavillón Somos Fútbol.

Seguimento en liña

Como nas edicións pasadas, todos os calendarios previos á diputa do torneo, así como durante o transcurso do mesmo, resultados e clasificacións, poderán consultarse a través da app COMPETIZE a partir do 23 de decembro.

Ademáis, todas as finais de cada categoría, tanto da fase autonómica como as da nacional, emitiranse en directo nos días e horas programado.

Apoio institucional e empresarial

Como en edicións pasadas dende a organización do Torneo, contarase co apoio incondicional das institucións e do mundo empresarial, e así tanto Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Concello de Lugo apoian desde diferentes ámbitos a celebración deste torneo tan importante a nivel nacional. Ademáis, de todo o que significa para a cidade de Lugo debido á gran cantidade de participantes que move, e todos os seus familiares que acoden a desfrutar de este evento deportivo.