Pansi tamén se suma ao novo Lugo Sala

O primeiro equipo continúa sumando pezas para completar o persoal da nova tempada 2025/2026. Tras os tres primeiros fichaxes hoxe confírmase a chegada dun novo xogador, neste caso a do ferrolán Iván Castro García «Pansi» (05/08/2004). O novo peche a pesar da súa mocidade acumula experiencia neste tipo de categorías xa que tras formarse na canteira de O Parrulo, co que chegou a xogar na segunda división, posteriormente sumouse ás filas do Albense no grupo I da 2ª división B co que disputou os dous últimos playoffs polo ascenso á segunda categoría do fútbol sala español.

Pansi destaca pola súa mocidade, pero como queda dito aos seus 20 anos xa acumula experiencia na categoría onde militará nesta nova campaña Lugo Sala. Intensidade e competitividade son dúas das súas principais características como xogador.

 

Lugo Sala 2025/2026:

  • Baixas: Álex Diz, Álvaro, Guillermo Martínez, Raúl e Saúl.
  • Renovacións: Yerai, Yago Tenreiro, Mitxel, Pablito e Willy May.
  • Altas: Isi (Atlético Benavente), José Segura (Enfaf Construccions Modernes) e Xavito (Enfaf Construccions Modernes).