Parte médico: Willy May, Luis Longo e Yago Tenreiro

Nas últimas semanas o primeiro equipo sufriu o contratempo de que tres dos seus xogadores sufriron lesións. Tras a realización de diferentes probas médicas e ser revisados en Hospital Ribera Polusa nos últimos días polo Xefe dos servizos médicos do club, o Dr. Adrián Gallego, este é o estado actual dos tres xogadores:

  • Willy May: o xogador deberá pasar por quirófano para operarse da rotura do ligamento cruzado anterior e menisco externo do seu xeonllo dereito, polo que o colombiano será baixa para o que resta desta tempada 24-25.
  • Luis Longo: o lucense está pendente de realizar probas médicas para saber o alcance da súa lesión no xeonllo esquerdo e será valorado en próximas datas.
  • Yago Tenreiro: o ala zurdo ferrolán realizou este pasado domingo unha resonancia para ver o estado da súa perna esquerda e será valorado en próximas datas.

 

Nos casos de Longo e Tenreiro unha vez coñézase o resultado das probas realizadas poderanse establecer os tempos de recuperación que tamén dependerán da súa evolución.

Desde todos os estamentos do club quérese mandar unha mensaxe de ánimo para Willy May tras este importante contratempo desexándolle unha pronta recuperación.