Remontada do Lugo Sala ante o Composala que lle da o paso as semifinais da Copa Galicia (3-5)
O Lugo Sala logrou firmar unha remontada de carácter para impoñerse por 3-5 ao Compos nun encontro marcado pola gran intensidade por parte de ambos conxuntos.
Unha primeira parte que comezaba con bastantes erros por parte de ambos conxuntos, con pérdidas fáciles de balón. Xa no minuto 3 do encontro chegaba a primeira oportunidade de adiantarse no marcador para o Compos, cunha xogada a balón parado que deu contra o largueiro. Co paso dos minutos, o Lugo Sala fixose máis forte e conseguía poñerse por diante tras un gran golpeo de Willy May (7’) que colocaba o 0-1.
O conxunto lucense comezaba a poñerlles as cousas complicadas o Compos que non se atopaba cómodo na pista. No minuto 12, o conxunto local paraba o encontro para intentar axustar os erros. Aparecía así Carlos García, para firmar o empate co que chegarían ao descanso, despois de que nos últimos minutos da primeira parte, estivese mellor o Compos que o Lugo Sala.
Tras o paso por vestuarios, a dinámica seguía a ser a mesma que nos primeiros minutos do encontro. Fallos por parte de ambos conxuntos, e moita intensidade defensiva, que lle daba otro ritmo ao encontro. Co paso do tempo os nervios empezaban a asomar, e as pulsacións subían. Gol de Dani e Antón Arnejo que poñían o 3-1 no marcador a favor do Composala, que deixaba a un Lugo Sala coa incertidumbre do que podía pasar.
Os pupilos de Fermín Hidalgo non se deron por vencidos, e chegaba así o 3-2 por parte de Isi no minuto 34 que daballe algo de luz ao encontro. Un minuto máis tarde cunha boa conexión entre Miguel Muñoz e Yago Tenreiro, este colocaba o empate no marcador para soñar pola remontada. Un Lugo Sala que se atopaba mellor que o Compos, seguía disfrutando de esta tarde de martes. A falta de tres minutos para chegar ao final, Miguel Muñoz colocaba o 3-4. O conxunto local optou por xogar de cinco nesta recta final, para intentar colocar o empate no electrónico. Pero tras unha boa defensa lucense, robaban o balón e ahora era Pablito quen sentenciaba o encontro colocando así o 3-5 final.

FICHA TÉCNICA
Composala 3 : Bruno, Carlos, Dani Blanco, Antón Arnejo e Enri – tamén xogaron – Mateo, Aldrey, Fran, Pablito V. Hadrian, Lucho, Antón Garrido e Ivan Vidal.
Lugo Sala 5 : Torero, Miguel Muñoz, Pablito, Isi, Rubén S. – tamén xogaron – Aaron, Pansi, Yago T., Pedro, Willy May, Brunito, Dani, Mitxel e Javi.
Goles: 0-1 Willy May (7’), 1-1 Carlos García (13’), 2-1 Dani (27’), 3-1 Antón Arnejo (32’), 3-2 Isi (34’), 3-3 Yago T. (35’), 3-4 Miguel Muñoz (37’), 3-5 Pablito (40’).
Árbitros: Oliver Cardero Rodríguez, Oscar Guil Piñeiro, Susana Álvarez Jaimes.
Incidencia: Cuartos de final da Copa Galicia.




