Repaso aos resultados da nosa canteira con Centro de fisioterapia Roberto Cordeiro

(5-3) Un Lugo Sala máis acertado suma unha nova victoria frente ao Sala Ourense (RESULTADOS)
O encontro comezaba cuns primeiros 10 minutos nos que non pasou nada por parte de ningún dos equipos. A partir do ecuador da primeira metado, Alex puxo o 1-0 con un gran tiro exterior para adiantar ao Lugo Sala no electrónico. Isto fixo que o conxunto lucense se metese máis no partido, e aos poucos minutos puxesen o 2-0. Un Sala Ourense que non estivo no partido nesa primeira metade, na que o conxunto que dirixe Álvaro Julio xenerou moito máis, para chegar con esa pequena ventaxa ao descanso.
Tras o paso por vestuarios a dinámica seguía a ser a mesma. Aínda así, o Sala Ourense subiu a intensidade defensiva para intentar frear os ataques do equipo lucense. En tres minutos o Lugo Sala fixo o 3-0 e o 4-0 alargando así aínda máis as diferencias no marcador. A falta de nove minutos para chegar ao final do encontro, o conxunto visitante optou por sacar porteiro xogador encaixando así o primeiro gol. Poco tardaría en sumar o quinto gol o conxunto local con un tiro de lexos de Iago Rodríguez. O encontro púxose máis entretido nos últimos minutos, nos que o Sala Ourense conseguiu poñer o 5-3 no marcador, o que sería o resultado final do encontro.
(7-1) Nova derrota para o xuvenil nacional que segue sen ver a victoria frente ao Noia FS (RESULTADOS)
(5-2) Victoria do cadete de galega que suma a quinta da tempada frente ao Alto do Vento (RESULTADOS)
(8-8) Resultado en táboas para o infantil de galega contra o Alto do Vento (RESULTADOS)
(2-5) Nova derrota para o alevín femenino que non logra consolidarse frente o Fisober (RESULTADOS)
(4-2) O alevín de galega suma unha nova victoria ao seu casilleiro frente ao Alto do Vento (RESULTADOS)



