Repaso aos resultados da nosa canteira con Centro de Fisioterapia Roberto Cordeiro

Unha xornada na que falaremos só de 4 dos nosos equipos das ligas galegas e nacional, xa que debido ao temporal, todos os encontros que se ían a disputar na xornada do sábado 24 foron suspendidos.

(11-4) O xuvenil nacional suma a súa segunda vitoria no que vai de tempada ante o Orfes FS (RESULTADOS)

(2-4) Vitoria para o cadete de galega que levou a batuta ante o Lago Sport (RESULTADOS)

O Lugo Sala afrontou un partido ante un rival da parte baixa da clasificación no que levou a iniciativa de principio a fin. Desde os primeiros compases, o conxunto lucense fíxose dono do balón e do ritmo do xogo, aínda que por momentos contaxiouse da falta de intensidade do encontro, algo que en certas fases chegou a prexudicar a súa fluidez.

A pesar do claro dominio, este non se reflectiu plenamente no marcador debido á falta de eficacia para portería. As ocasións sucedíanse, pero o acerto non acompañaba tanto como merecía o desenvolvemento do xogo. Aínda así, o resultado final de 2-4 nunca puxo en perigo a vitoria do Lugo Salga, que soubo manter a calma e controlar o partido ata o asubío final, sumando así tres puntos importantes.

(3-2) O infantil de galega cae pola mínima a domicilio ante o Lago Sport (RESULTADOS)

(1-7) Nova vitoria do alevín de galega tras impoñerse ao Lago Sport a domicilio (RESULTADOS)