Repaso aos resultados da nosa canteira con Clínica dental Arias López

(1-0) O filial suma unha derrota pola mínima a domicilio frente o Redondela FS (RESULTADOS)

(1-7) Cuarta derrota do  xuvenil nacional que non logra ver a victoria frente o Parrulo FS (RESULTADOS)

(2-3) Axustada victoria do cadete femenino frente o Burela FS (RESULTADOS)

(2-5) O cadete de galega suma unha nova victoria frente a Piringalla (RESULTADOS)

(6-6) O infantil de galega suma un punto a pesar de ter o partido na súa man frente os Meigallos (RESULTADOS)

(9-1) Nova derrota do alevín femenino cun resultado abultado frente ao Burela FS (RESULTADOS)

O alevín femenino do Lugo Sala viaxou ata Burela para afrontar un novo encontro. Unha primeira parte no que a presión do Burela FS, condicionou o ataque das pupilas de Lucía. Co paso dos minutos chegaba o primeiro gol do conxunto local. O segundo chegaría poucos minutos máis tarde, co que deixarían a un equipo desanimado vendo que as cousas non saían.

Tras o paso por vestuarios, a defensa do Burela FS baixou a media pista, pero o Lugo Sala seguía sen ver as cousas claras en ataque. Tras varios despistes defensivos o conxunto local aproveitouno para seguir sumando goles no seu casillero, poñendo así o resultado final de 9-1.

O alevín segue traballando para mellorar e correxir así error, para seguir crecendo no que resta de tempada.

(3-2) Nova victoria do alevín de galega frente ao Paloamar pola mínima (RESULTADOS)