Repaso aos resultados da nosa canteira con Os Tilos

Esta foi unha xornada moi distinta no fútbol sala. As ligas galegas tiveron parón polo ponte da Constitución, sumado ás seleccións comarcais, nas que participaron algúns dos nosos xogadores. Nas categorías: benxamín, alevín, infantil masculino e infantil feminino.

Aínda así, traémosvos os resultados do noso xuvenil nacional e do filial que si que tiveron xornada esta fin de semana, e que ambos conseguiron a súa victoria.

(5-3) O filial consegue unha nova victoria en casa fronte ao Pazos Borbén (RESULTADOS)

Comezaba o encontro no Municipal de Lugo entre o Lugo Sala e o Pazos Borbén. Unha primeira parte na que o conxunto lucense non estivo de todo ben. Un ritmo de xogo baixo co que non lograban xerar ocasións de gol. Aínda así, tras unha xogada de estratexia os de Álvaro Julio conseguen poñerse por diante no marcador. Álex Martínez foi o encargado de colocar ese 1-0. Pouco tardou o conxunto visitante en poñer o 1-1 tras un erro individual, e unha mala saída de Nico. Tras un gran golpeo de Iago Rodríguez, o Lugo Sala lograba o 2-1 para chegar ao descanso co resultado a favor.

Tras o paso por vestiarios, o Lugo Sala conseguía poñer rápido o 3-1 que lle daba unha pausa e tranquilidad e na pista. Bos minutos do conxunto lucense, que tras xogar tranquilos co balón lograban poñer o 4-1. Isto fíxolles relaxarse, pensando que xa estaba todo feito. O que aproveitou o Pazos Borbén para colocar o 4-2, meténdoos así no partido. Uns minutos finais nos que non pasan demasiadas cousas, pero que tras un erro do Lugo Sala, o conxunto visitante logra poñer o 4-3. Últimos minutos malos para o equipo local, pero que finalmente consegue colocar o 5-3 final no marcador para sumar unha nova vitoria.

(2-4) O xuvenil nacional suma a súa primeira victoria frente ao Leis Pontevedra (RESULTADOS)

O encontro empezaba cun primeiro minuto moi malo do Lugo Sala, onde o equipo rival puido meter o primeiro gol do partido. Pero a partir de ahí, o conxunto lucense foi mellorando co paso dos minutos, facendo así un partido moi completo. Unha primeira parte con moito dominio lucense, xerando así moitas máis ocasións que o Leis Pontevedra, que non se atopaba de todo cómodo. Os pupilos de Cristian Costoya tiveron moitas oportunidades de contraataque que non souberon materializar, tras os malos repregamentos defensivos do conxunto local. Non foi ata aproximadamente a metade do primeiro tempo, cando o Lugo Sala é capaz de abrir o marcador tras unha xogada na que o Leis Pontevedra incorpora ao porteiro, e tras un roubo, conseguen poñer o 0-1. Pero este non foi o resultado final ao descanso, xa que tras un roubo, o conxunto local consegue poñer o empate a 1-1 para deixar outra vez un marcador aberto para a segunda metade.

Tras o paso por vestiarios, o Leis Pontevedra consegue poñer o 2-1 no marcador tras unha boa finalización, pero o Lugo Sala consegue meter dous goles moi pronto para seguir en partido e colocar así o 2-3. O conxunto local tenta a partir de aquí incomodar ao equipo lucense, meténdoos atrás con situacións de 1 contra 1. Aínda así, a boa concentración en defensa do Lugo Sala fixo que non encaixasen máis goles, e a falta dun minuto para o final conseguían meter estes o 2-4, co que se pecharía o encontro, sumando así o conxunto lucense a súa primeira vitoria no que vai de tempada.