Repaso aos resultados da nosa canteira con Zertin Academia de Formación

Nova xornada para o noso filial e a canteira de liga nacional e preferente, e aquí deixámosvos todos os resultados. O cadete feminino descansou esta fin de semana, pero disputou o seu partido aprazado da pasada xornada ante o Burela FS, do que falaremos esta semana.
(5-1) O filial cae con contundencia ante un Composala que sigue firme na segunda plaza da Terceira División (RESULTADOS)
(2-3) O xuvenil nacional cae pola mínima na casa ante Trepalio León Sala (RESULTADOS)
(7-3) O cadete feminino impúxose cun contundente resultado ante o Burela FS (RESULTADOS)
Comezaba o encontro entre Lugo Sala Frain e Burela FS, cun conxunto local un pouco máis metido no partido, que aproveitaba así os erros do rival para abrir o marcador e mesmo coller algo de distancia, antes de chegar aos primeiros cinco minutos do encontro. O 1-0 poñíao Alexia no minuto 3, e acompáñalle pouco despois Mariña colocando así o 2-0 e poñéndolle as cousas complicadas a un Burela FS que non lograba espertar. No minuto 6, volvía aparecer Alexia para poñer o 3-0. A partir de aquí, as pupilas de Lucía comezaron a cometer erros, a falta de concentración levábaas a deixar de marcar xogadas ou mesmo a realzar cortes a medias. Isto fixo que o encontro se estancase un pouco, e non foi ata o minuto 22 cando Nadia logrou colocar o 4-0, e dous minutos máis tarde Alba o 5-0. Cando xa parecía que este sería o resultado final ao descanso, un mal pase tras un saque que deixa á porteira aberta en banda, o aproxecha Alina para colocar o primeiro gol para o Burela FS, e deixaba así un resultado ao descanso de 5-1.
Tras o paso por vestiarios o Burela FS sae moito máis activo e con máis intensidade, o que coloca ao Lugo Sala Frain en momentos de aperto. No minuto 16 unha das xogadoras locais, Nadia, leva un duro golpe na cabeza, polo que se tivo que parar o encontro. Isto fixo que as xogadoras non estivesen do todo no partido, pendentes de como evolucionaba a súa compañeira (que por sorte quedou nun susto). O Burela FS segue co seu ritmo, e logra colocar o segundo tanto na súa marcadora, e pouco máis tarde, case sen darse conta unha das xogadoras locais tentando despexar o balón introdúceo na portería, que deixaba polo momento un resultado de 6-3. Xa no minuto final, Alexia sentenciaba o partido, e sumando así o seu hat-trick para deixar un resultado de 7-3.
(6-4) O cadete de galega álzase co triunfo en casa ante a Piringalla (RESULTADOS)
O encontro arrancou cun equipo visitante ben plantado en media pista, sacando rendemento ás accións a balón parado, ás transicións rápidas e aos balóns longos para xerar perigo. Pola súa parte, o Lugo Sala mostrouse pouco concentrado e sen orde durante boa parte da primeira metade. A pesar disto, a calidade individual en xogadas illadas permitiulle ao conxunto local marchar por diante no marcador ao descanso cun resultado moi axustado de 4-3.
Tras a reanudación, o Lugo Sala deu un paso adiante, máis sólido no xogo e xerando numerosas ocasións, aínda que sen acerto na finalización. Co 5-3 no marcador, o partido entrou nun tramo de ida e volta que por momentos favoreceu aos visitantes. Mesmo así, e malia a vantaxe local, o encontro mantivose aberto e sen dono ata os últimos instantes. Pero finalmente, os pupilos de Miki, eran os encargados de sumar os tres puntos cun resultado de 6-4.
(8-1) Contundente victoria do infantil preferente no Municipal ante os Meigallos FS (RESULTADO)
(1-5) O alevín feminino suma unha nova derrota en casa frente o Lago Sport (RESULTADOS)




