Repaso aos resultados da nosa escola co Centro de Fisioterapia Roberto Cordeiro

 

Nova xornada que finaliza, e aquí deixámosvos todos os resultados dos equipos de preferente, nacional e terceira da nosa canteira.

 

(3-2) O Lugo Sala B saca unha vitoria importante en casa nun encontro moi axustado ante o Outeiro de Rei (RESULTADOS)

(4-4) A xuvenil suma un punto tras o empate no derbi lucense ante o Ribeira FS (RESULTADOS)

O xuvenil de división de honra disputaba o derbi lucense ante o Ribeira FS. Un equipo que se atopa mellor posicionado na clasificación, pero que aínda así os pupilos de Christian Costoya foron capaces de sacar un punto.

Arrincaba o encontro cun gol no primeiro minuto tras unha boa transición do Lugo Sala, que convertía Álex Rion para adiantar aos seus no marcador e colocaba así o 0-1. Pouco máis tarde, no minuto 5 aparecía Brais García para seguir ampliando as distancias e colocaba así o 0-2. A pesar diso ningún equipo relaxouse en ningún momento, e dous minutos máis tarde o Ribeira FS colocaba o primeiro tanto na súa marcadora (1-2). O Lugo Sala non se puxo nervioso e seguiu facendo o seu traballo. Así chegaría o 1-3, que o fixo Javi García tras outra transición. O conxunto que esta vez colocábase como visitante, foi o encargado de levar o ritmo durante practicamente toda a primeira metade. Nos últimos minutos, o equipo local intentou dar un paso cara adiante e así chegaría o 2-3 a falta de dous minutos para o descanso. Este sería o resultado final da primeira parte do encontro.

Tras o paso por vestiarios a dinámica foi distinta. O Ribeira FS que chegara con mellores sensacións ao cabo da primeira metade, tamén estivo mellor no inicio da segunda. Dous goles rápidos nos primeiros minutos colocaban o 4-3, dándolle así a volta ao marcador. Aínda así o Lugo Sala non se puxo nervioso nin se veu a abaixo. O equipo seguía intentando xerar ocasións de gol, para volver mandar no marcador, pero non foron capaces de convertelos. Non foi ata o minuto 32 tras un roubo, cando os pupilos de Christian Costoya foron capaces de empatar o encontro. A partir de aquí, estiveron mellor xerando preto da portería rival pero sen contundencia. Polo que o resultado final deste novo derbi sería o 4-4, sumando así un punto cada equipo.

 

(5-3) O cadete de galega vence en casa ao Galicia Gaiteira na segunda xornada da Copa Galicia (RESULTADOS)

(4-9) Dura derrota do infantil de galega en casa ante o Lago Sport en Copa Galicia (RESULTADOS)

O alevín de galega disputou dous encontros de Copa Galicia a pasada semana. O aprazo ante Piringalla e o de Hércules FS:

(7-1) Victoria contundente no primeiro encontro de Copa Galicia ante a ACD Piringalla (RESULTADOS)

(5-4) Derrota axustada do alevín de galega na segunda xornada da Copa Galicia ante o Hércules FS (RESULTADOS)