Repaso aos resultados da nosa escola con Acasti Reformas

(3-3) Viaxe do Lugo Salga B que deixa un resultado final en táboas ante o Sala Ourense (RESULTADOS)
(4-7) Unha mala segunda metade deixa unha nova derrota no xuvenil nacional ante o Noia FS (RESULTADOS)
O xuvenil nacional recibía no Municipal de Lugo ao líder da competición, o Noia FS, nun encontro no que ambos os conxuntos buscaban a vitoria pero en circunstancias moi diferentes.
Comezaba o encontro cunha primeira metade bastante igualada. Uns primeiros 10 minutos nos que ambos os conxuntos non atopaban demasiadas ocasións para abrir o marcador. A partir de aquí as cousas empezaron a aparecer, o Noia FS consegue poñerse por diante tras unha boa xogada individual, pero a alegría duroulles pouco. O Lugo Sala logrou anotar dous goles practicamente seguidos, o primeiro tras unha boa acción colectiva na que Iago Nuñez lograba introducir na portería, e a segunda tras unha boa xogada individual de Sanfiz. Con este resultado de 2-1 chegaba o partido ao descanso.
Tras o paso por vestiarios o Lugo Sala conseguía poñer o 3-1 nos primeiros minutos da segunda metade, para seguir afastándose no marcador. Os pupilos de Cristian Costoya tiveron a oportunidade de poder agrandar máis as distancias tras a expulsión dun xogador rival, que os deixaba nun 4 para 3, pero que non aproveitaron. O Noia FS demostrou que vai líder na competición facéndolles moito dano, e conseguiron así darlle a volta ao marcador poñéndose cunha diferenza de ata 3 goles. Nos minutos finais tras un gol de Iago Nuñez por parte do Lugo Sala, e de Xavi Souto polo Noia FS, deixaban un resultado final de 4 a 7.
(2-1) Un mal encontro do cadete feminino deixa a primeira derrota da Copa ante O Parrulo F.S (RESULTADOS)
(1-4) O cadete de galega suma unha nova derrota en casa fronte ao Galicia Gaiteira (RESULTADOS)
(11-0) Exhibición do alevín de galega cunha goleada ao Hércules F.S «A» (RESULTADOS)




