Repaso aos resultados da nosa escola con Clínica Dental García Rielo

(5-3) Un hat-trick de Mitxel insuficiente para o noso filial que cae a domicilio frente o Vianariño FS (RESULTADOS)
(5-3) O xuvenil de nacional volve cunha nova derrota en Valladolid ante o Tierno Galván (RESULTADOS)
(4-5) Victoria importante do cadete femenino nos últimos tres segundos ante o Narón O Freixo (RESULTADOS)
(1-2) Derrota do cadete de galega en casa frente ao 5 Coruña FS nun encontro axustado (RESULTADOS)
(1-2) Segunda victoria da tempada do alevín femenino ante o Ventorrillo FS (RESULTADOS)
O encontro estivo marcado pola igualdade dende o pitido inicial. O equipo rival saíu cunha presión moi alta que lles dificultou a saída de balón nos primeiros minutos, obrigándolles a axustar varias cuestións tácticas para poder xerar perigo. Nunha xogada máis de garra que de elaboración chegou o primeiro gol para o Lugo Sala, pero cando parecía que ese sería o resultado ao descanso, o Ventorrillo FS conseguía empatar o encontro.
Tras o paso polos vestiarios, o encontro mantivo o mesmo guión. O Lugo Sala melloraba co paso dos minutos no plano táctico, e lograban así un maior control defensivo, aínda que as ocasións escasearon para ambos conxuntos. Xa nos minutos finais, unha longa carreira de Sara rompeu o equilibrio e serviu para marcar o gol da vitoria, o primeiro no seu casilleiro, que deciciu un partido no que a solidez defensiva foi clave.
(5-2) O alevín de galega segue sumando en positivo tras a última victoria na casa frente ao 5 Coruña FS (RESULTADOS)




