Repaso aos resultados da nosa escola con Lugopé Podoloxía

 

Tras unha fin de semana de parón nalgunhas das ligas do fútbol sala, deixámosvos todos os resultados da xornada (filial, xuvenil nacional e ligas preferente). A sección feminina non tivo partido esta fin de semana.

 

(7-6) Triunfo agónico do Lugo Sala B ante o Marín FS que lle dá os tres puntos (RESULTADOS)

(6-4) O xuvenil nacional volve ser castigado e cae ante o Carballiño FS (RESULTADOS)

(5-3) O cadete de galega cae ante O Parrulo, líder da categoría (RESULTADOS)

(6-6) O infantil de galega deixa en táboas o resultado ante O Parrulo (RESULTADOS)

(6-9) O alevín de galega tivo máis sorte en Ferrol, e trouxo os tres puntos para Lugo ante O Parrulo (RESULTADOS)

O Lugo Sala comezaba o encontro con moita personalidade e moi enchufados. Isto levounos a abrir o marcador poñendo o 0-2, ante un Parrulo que propón, xoga e esíxeche estar concentrado. E así foi, a alegría do conxunto lucense tardou pouco en desaparecer, e os locais conseguiron empatar o encontro cunha boa reacción do equipo. Esta situación trouxo consigo a reacción de Miguel Muñoz, que pediu tempo morte para animar aos seus xogadores. Isto serviulles para saír mellor a pista, e colocar así o 2-3 no electrónico. Nos minutos finais o Lugo Sala cometeu algúns erros, que acompañados coa efectividade do Parrulo conseguiu darlle a volta ao marcador e colocar así o 4-3. O conxunto lucense logrou poñer o 4-4 antes de chegar ao descanso, para deixar a sorte por diante para a segunda metade do encontro.

Tras o paso por vestiarios a reacción do Lugo Sala foi boa, e lograban así anotar na primeira acción. Viuse a un equipo máis ordenado e cunha gran defensa que lle dificultaba o encontro a O Parrulo, que logrou poñer o 5-5 tras un erro do conxunto lucense. Co paso da segunda metade, os pupilos de Miguel Muñoz foron manexando o encontro, o que lles deu unha nova vitoria moi traballada, cun resultado final de 6-9.