“Sempre Lugo Sala”: aberta a campaña de abonados para a tempada 25/26

O primeiro equipo sufriu o descenso de categoría no pasado mes de maio, pero con ilusións renovadas, cambio de ciclo e coa máxima ilusión afrontará a nova tempada 2025/2026 desde o grupo 1 da 2ª división B co obxectivo de poder loitar de novo por recuperar a categoría, sabendo que será un ano de novo moi esixente nunha categoría dura como xa se coñece de anteriores tempadas.

´Sempre Lugo Sala´ é o lema da nova campaña de abonados onde desde o club espérase poder seguir contando co apoio da afección lucense ao fútbol sala. E é que cando se sofre un descenso vívese a cara triste do deporte, pero as ganas e ilusión nunca se perden neste club que xa conta con máis de dez anos de historia e espera poder seguir escribindo moitas páxinas cheas de éxitos, xa non só no seu primeiro equipo senón tamén na base, que é o corazón da entidade que segue latexando máis forte que nunca.

 

Prezos

Os prezos do carné de abonado son os seguintes:

  • Renovación adultos: 25 € (a partir do 1 de setembro 35 €).
  • Alta nova adultos: 35 € (a partir do 1 de setembro 45 €).
  • Renovación 2 adultos: 45 € (a partir do 1 de setembro 55 €).
  • Alta nova 2 adultos: 65 € (a partir do 1 de setembro 75 €).
  • Menores de 18 anos: acceso gratuíto.

 

Onde facerse socio?

Desde hoxe mesmo pódense renovar e dar de alta todos os socios que o desexen a través da seguinte ligazón: https://lc.cx/6vtkjv

Tras a renovación ou nova alta os socios/as terán acceso gratuíto para todos os partidos de liga co seu carné dixital de abonado a través da aplicación CLUBER.