Un encontro de alta tensión deixa en táboas o encontro entre o Lugo Sala e o FS Salamanca (1-1)
O Lugo Sala logrou empatar o encontro a falta de 20 segundos para o final, nun partido no que o protagonista foi o nerviosismo por lograr a victoria en 40 minutos de alta tensión no Municipal, correspondente a 4ª dora dada competición.
O encontro comezou con alta intensidade defensiva por parte de ambos conxutos, que non deixaban oportunidades o rival para anotar con facilidade. A primeira ocasión clara tivoa Willy May no minuto 2, pero o balón foi parar o largueiro. Os minutos seguían pasando e os goles non aparecían, polo que o nerviosismo do Lugo Sala e o FS Salamanca por abrir o marcador cada vez era maior.
Un tempo morto por parte de cada conjunto, para intentar realizar unha xogada dende a pizarra, pero que non tiveron eficacia. A tensión seguía a ser grande por parte de ambos, e as tarxetas amarelas empezaron a aparecer. Tres seguidas en menos de 2 minutos antes de chegar o descanso, e un marcador a 0-0 eran os protagonistas da primeira parte.
Tras o paso por vestuarios a dinámica seguía a ser a mesma. Alta intensidade defensiva por parte de ambos conxuntos, que non deixaban facilidade para anotar, digno de dous equipos que queren estar no máis alto. Aínda así, as ocasións empezaron a chegar para o Lugo Sala que se atopaba mellor na pista, pero non lograban introducir o balón entre os tres paos.
Últimos minutos de infarto nos que chegarían os dous goles que deixarían o resultado final de 1-1. Primeiro abriría o encontro o FS Salamanca da man de Cristian Bernal (37’), pero cando o conxunto salmantino xa pensaba que tiña o encontro gañado, apareceu a falta de 20 segundos para o final Yago Tenreiro e empatar así o partido, dandolle un punto ao seu equipo.
Un novo empate para o Lugo Sala e unhas sensacións agridulces, pero o conxunto de Fermín Hidalgo seguirá traballando para sembrar máis victorias.
Resultados da Xornada de Segunda División B
FICHA TÉCNICA
Lugo Sala 1: Adri García, Willy May, Yago Tenreiro, Miguel Muñoz, Pansi – tamén xogaron – Sergio Vila, Javier García, Josep Segura, Pablo Vázquez, Mitxel, Isi, Daniel Fernández.
F.S. Salamanca 1: Bruno Galindo, Daniel Martín, Ballano, Cristian Bernal, Zaballos – tamén xogaron – Pablo Prieto, Sergio Moreiro, Alejandro Marcos, Daniel, Diego Heras, Dalmiro Martin, Barbón, Daniel Fernández.
Árbitros: Luis Álvarez, Daniel Díaz-Faes Rojo, Sakina Marzouki Dadi.
Goles: 0-1 Cristian (37’), 1-1 Yago Tenreiro (39’)
Incidencias: Xornada 4 da Segunda División B Masculina de Fútbol Sala, Municipal (Lugo)