Xavito, novo porteiro para o primeiro equipo
Lugo Sala segue reforzando o seu persoal para a próxima tempada 25/26 na que competirá no grupo 1 da 2ª división B. Tras o descenso de categoría, os lucenses seguen armando o novo equipo neste novo proxecto e hoxe confirmouse unha nova incorporación como é a do porteiro andorrano Xavier Josep Pla López (22-08-1994), coñecido deportivamente como Xavito.
O novo meta dos galegos, que destaca pola súa axilidade, bos reflexos e habilidade no xogo de pés, procede do Enfaf Construccions Modernes onde militou desde 2021, e foi un habitual da selección absoluta do seu país onde coincidiu con outro das novas fichaxes do noso club como é José Segura, ademais de ser compañeiro de equipo. Anteriormente Xavito militou no Atlétic club de Escaldes durante catro tempadas na primeira división andorrana.
Lugo Sala 2025/2026:
- Baixas: Álex Diz, Álvaro, Guillermo Martínez e Raúl.
- Renovacións: Yerai, Yago Tenreiro, Mitxel, Pablito e Willy May.
- Altas: Isi (Atlético Benavente), José Segura (Enfaf Construccions Modernes) e Xavito (Enfaf Construccions Modernes).