A partir do 12 de maio Lugo Sala volve abrir as súas portas para coñecer a súa Escola

Chega a parte final da tempada 24-25 e como é habitual o noso club organizará as súas xornadas de portas abertas para que así os nenos/as que non pertencen á nosa Escola de fútbol sala, e teñan a intención de pasar a formar parte da nosa familia, poidan probar previamente nesta actividade que será gratuíta.

As mesmas arrincarán o luns 12 de maio e alongaranse ata o mes de xuño. Trátase dunha boa ocasión de que os nenos/as interesados poidan coñecer a metodoloxía de traballo da Escola Lugo Sala, aos seus futuros compañeiros e técnicos, e en definitiva pasar a formar parte do club que leva traballando polo deporte e o fútbol sala en Lugo desde fai máis de dez anos.

As xornadas de proba están destinadas para todas as categorías coas que conta o club (biberón, prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil), por tanto, para os nados entre os anos 2007 a 2020, contando o club con equipos masculinos, femininos e mixtos.

 

Inscricións
Para participar nestas xornadas de portas abertas os interesados poden realizar as súas inscricións desde este mesmo momento e na seguinte ligazón: https://lc.cx/zQz64P

 

Más información
Para calquera información a maiores: