O Lugo Sala B alzase ca Copa Diputación no derbi lucense frente ao Ribeira FS (7-3)
O Municipal de Lugo vivía a final da Copa Diputación, cun derbi lucense entre o Lugo Sala B e o Ribeira FS. Tras un bo encontro dos pupilos de Álvaro Julio, no que pelearon cada balón e estiveron acertados en ataque, lograban levantar a Copa cun resultado final de 7-3.
Comezaba o encontro, cun Lugo Sala B con máis posesión pero no minuto 2 coa primeira chegada do Ribeira FS abrían o marcador para poñer o 0-1. O conxunto lucense non tardou en replicar, e Alex cun tiro bastante lonxe da portería lograba poñer o 1-1. Os minutos seguían pasando e a alta defensa do equipo local non deixaba xogar con comodidad o seu rival, que non lograba chegar con facilidade a portería. Dous goles seguidos de Nicolás, poñían o 4-1 en tan so 9 minutos do partido. Un Lugo Sala B que se atopaba moi cómodo e que veía a portería con moita facilidade, polo que o adestrador do Ribeira FS viuse obrigado a parar o encontro.
Un gol do conxunto visitante a falta de menos de 2 minutos (4-2) parecía que podía metelos en partido, pero a alegría durou pouco. Un tiro exterior de Jairo que terminou tocando o porteiro, iría a parar dentro da portería para poñer así o 5-2 ao descanso. Cunha balanza para o lado do Lugo Sala B, pero no que todo podía pasar na segunda metade.
Tras o paso por vestuarios a dinámica non cambiou demasiado. Empezaban a notarse os nervios do que significa un derbi e unha final, pero o Lugo Sala B seguía mandando na pista. Así chegou nos primeiros minutos o gol de Jairo para poñer no marcador o 6-2. O Ribeira FS tirando de garra marcou o terceiro no seu casilleiro.
Últimos minutos moi tensos coa expulsión de Iago Rodríguez e Jairo por parte do Lugo Sala B, pero que non cambiaron no resultado do encontro. Xa chegando o final do encontro, volvía a aparecer Nicolás firmando así o seu hat-trick e sentenciando o partido cun resultado final de 7-3, que lles faría levantar a Copa Diputación.

FICHA TÉCNICA
Lugo Sala B 7: Nico, Álex Martínez, Dani, Conde y Jairo – tamén xogaron – Iglesias, Pedro, Diego, De Sousa, Iago, Álex Andrés, Núñez y Hugo.
Ribeira FS 3: Ilian, Saúl Luna, Maidana, Rubén Mouriz y Pablo Díaz – tamén xogaron – Waldir, Roldán, Dani, Antón, Cristhian, Mabel y Gabriel.
Goles: Álex, Nico Conde (3), Daniel, Jairo e Ilian en propia meta. Por parte do Riberia FS: Cristhian, Gabriel e David.
Árbitros: Adrián García, Martín Díaz y Nicolás Vázquez.



