Repaso aos resultados da nosa escola con Frain Recambios

 

(2-3) O filial comeza o ano cunha derrota no Municipal frente ao Carballiño FS (RESULTADOS)

(3-6) O xuvenil de nacional suma unha nova dura derrota na casa ante o San Cristóbal (RESULTADOS)

(0-3) O cadete femenino cae ante o Castro FSF no primeiro encontro do ano (RESULTADOS)

(4-3) O infantil de galega cae pola mínima con moitos goles ante o CP Casás (RESULTADOS)

Arrancaba o encontro con ocasións para ambos conxuntos, pero máis claras para un Lugo sala que quería plantarlle cara ao CP Casás pero que non foron capaces de convertir en gol. Tras dúas chegadas do conxunto local, unha de falta e outra de esquina, conseguían poñerse por diante co 2-0. O Lugo Sala aínda así seguiu loitando o partido, sendo capaces de poñer o 2-1 antes de chegar ao descanso e reducindo así as distancias para afrontar a segunda metade do encontro.

Tras o paso por vestuarios a dinámica cambiou un pouco. Converteuse nun encontro de moitas transicións, nas que o Lugo Sala foi capaz de poñer o empate 2-2 e volver a meterse así no partido. A alegría iba a durar moi pouco, xa que o CP Casás volvía a alexarse no marcador tras dous goles que poñían o 4-2. A falta de un minuto e medio para chegar ao final do encontro, os pupilos de Álvaro Julio lograban poñer o 4-3 coa esperanza de poder conseguir o empate. Tiverona a falta de cinco segundos cun dobre penalti que non conseguiron convertir, e que polo tanto deixaba o resultado final de 4-3 dándolle así a derrota o Lugo Sala.

(2-11) O alevín femenino comeza o ano cunha dura derrota na casa ante o Castro FSF (RESULTADOS)

(3-8) O alevín de galega imponse ante o CP Casás no derbi lucense (RESULTADOS)