Repaso aos resultados da nosa escola con Lugopé

 

(4-3) Derrota axustada do xuvenil nacional a domicilio ante o San Cristobal (RESULTADOS)

O xuvenil nacional viaxou a Segovia para enfrontarse ao terceiro clasificado da liga, o San Cristobal. Un partido moi completo do Lugo Sala, que non foi suficiente para alzarse coa vitoria, e caía finalmente por 4-3.
Arrincaba o encontro abrindo o marcador o conxunto lucense tras un roubo con defensa alta, que colocaba o 0-1. Pouco máis tarde os locais volvían colocar en táboas o resultado, tras unha perda visitante preto da área. Os pupilos de Cristian Costoya estaban a realizar un bo encontro, e tras unha gran xogada posicional de Sanfiz, volvían colocarse por diante no marcador. Este non sería o resultado ao descanso, xa que tras outra perda e fallo na portería, o San Cristobal volvía introducir o balón na portería rival para colocar o 2-2, con todo para decidirse na segunda metade.

Tras o paso por vestiarios o Lugo Sala seguía coa mesma dinámica, e lograba adiantarse de novo no electrónico tras unha xogada a balón parado desde saque de esquina. Os minutos seguían pasando, e tras uns minutos de desconexión lucense, encaixaban dous goles que colocaban o 4-3 no marcador. Estes serían os peores minutos do conxunto visitante, que complicarían un pouco a situación.
O Lugo Sala optou por sacar porteiro xogador para intentar arranxar o ocorrido, pero quedou no intento. Aínda así, os lucenses fixeron un gran encontro do que merecían máis. Pero a desconexión fíxolles perder tres puntos importantes en Segovia, co resultado final de 4-3.

(3-0) Victoria do cadete de galega ante o Tui FS que os clasifica para cuartos da Copa Galicia (RESULTADOS)

(5-6) O infantil de galega álzase coa vitoria ante o Tui FS nun encontro con moitos goles que lle dá o pase a cuartos da Copa Galicia (RESULTADOS)

(4-2) O alevín de galega clasifícase a cuartos da Copa Galicia tras vencer a Pazos de Borbén en el Municipal (RESULTADOS)