Repaso aos resultados da nosa escola con Códigocar

(6-4) O filial cae no último encontro da tempada fronte ao Korreo Guitiriz FS (RESULTADOS)
(6-3) Vitoria importante do xuvenil nacional ante Redondela FS a faltade de catro xornadas para finalizar a liga (RESULTADOS)
(4-3) Derrota do cadete feminino na fase final do campionato galego ante La Peña que as deixa fóra (RESULTADOS)
Arrincaba a eliminatoria da fase final do campionato galego entre La Peña e o Lugo Sala. As pupilas de Lucía saían ao encontro moi enchufadas e concentradas, con ganas de traerse de volta os tres puntos a Lugo. Un inicio de partido cun primeiro gol de Alexía, para adiantarse no electrónico. O conxunto local non se atopaba moi cómodo, e aproveitárono as visitantes para colocar o 0-2 do pé de Marina. O encontro parecía que se atopaba en calma, pero chegaría a inoportuna lesión de Alexia tras apoiar mal a man nunha caída. Isto fixo que baixasen os ánimos lucenses, e foi aproveitado por La Peña que lograba recortar distancias no marcador. Este non sería o resultado ao descanso, xa que o bo traballo que estaba a realizar o Lugo Sala, premiounas con outro gol para colocar o 1-3, coa aparición de Candela e chegar ao descanso coa vantaxe no electrónico.
Tras o paso por vestiarios a dinámica cambiou. O Lugo Sala saíu a pista defendendo a media pista, tal e como finalizaran a primeira metade conscientes de que eran poucas. As pupilas de Lucia apostaron por facerse fortes en defensa, deixando o ataque para accións puntuais e intentando así dosificar esforzos para aguantar o ritmo. Nos últimos minutos La Peña recortou distancias co 3-2, tras un pequeno descoido do conxunto visitante. Ademais, o conxunto local apostou polo xogo de 5 para intentar seguir recortando distancias. A falta de dous minutos para o final, Candela foi expulsada, deixando ao equipo nun momento moi delicado do encontro. O conxunto local aproveitou a superioridade para marcar, nun tramo final cargado de tensión, que acabou co desafortunado gol en propia de Alba, tras intentar despexar o balón.
Así pecha unha gran tempada o cadete feminino do Lugo Sala, tras caer derrotadas na fase final do campionato galego por 4-3.




