Repaso aos resultados da nosa escola con Os Tilos

(1-4) O xuvenil nacional vence a domicilio ao Ordes FS a falta dunha xornada para finalizar a tempada (RESULTADOS)
Arrancaba o encontro en Ordes cun Lugo Sala que non terminaba de sentirse cómodo nos primeiros minutos, ante un rival que saíu ben ao partido. Pero, tras varios axustes defensivos e ofensivos de Cristian Costoya, os lucenses asentáronse sobre a pista e comezaron a dominar o encontro.
No minuto 7, Jose abría o marcador tras unha boa xogada posicional, e no 10 sería Brais quen ampliaría vantaxes para un Lugo Sala que estaba a facer bos minutos. O dominio visitante seguiu medrando e, no minuto 15, chegaría o terceiro tanto para poñer máis distancia no marcador antes do descanso. O Lugo Sala marchaba aos vestiarios cunha clara vantaxe e deixando moi boas sensacións na primeira metade.
O Lugo Sala deixou claro como ía seguir o encontro e o importante que serían os cinco primeiros minutos, pero tras o paso por vestiarios o Ordes FS lograba facer unha boa transición que converterían en gol, para colocar no marcador o 1-3. Isto fíxolles sentirse máis cómodos na pista, pero o Lugo Sala non baixou os brazos. A partir dunha gran defensa, o conxunto visitante logrou manter as distancias no electrónico, xa que, estaba a ser un encontro moi esixente con duelos individuais e moi físico.
Aínda así, nos minutos finais do encontro o Lugo Sala consegue meter o cuarto gol despois dun tiro de falta. O conxunto local optou polo porteiro xogador nos últimos 6 minutos, pero non foron capaces de anotar gol.
Finalmente, o Lugo Sala consegue sumar os tres puntos que polo momento os saca dos postos de descenso, a falta da última xornada.
(3-8) O cadete feminino cae en semifinais da Copa Galicia ante o Ciudad de Ourense e finalizan así unha gran tempada (RESULTADOS)





