Dani Pineda, un pívot para reforzar o ataque de Lugo Salga
O xogador cordobés Daniel Pineda Alcántara convértese en novo xogador de Lugo Sala. O pívot andaluz (26/06/2002 – Castro del Río – Córdoba) chega coa carta de liberdade tras desvincularse do seu actual club, o Gwiazda Ruda Slaska da 1ª División do fútbol sala polaco, onde militaba desde a tempada pasada tras aceptar a oferta do club da cidade de Ruda para así comezar unha nova etapa na súa vida deportiva que lle fixo crecer, sen dúbida, como xogador.
O pívot andaluz de 22 anos formouse no Córdoba Patrimonio Humanidad, club da súa provincia natal e no que creceu tras pasar por boa parte dos seus equipos de base ata debutar co mesmo na 1ª división. Coñece por tanto todas as categorías do fútbol sala español.
O novo pívot dos lucenses, que poderá debutar a partir da 16ª xornada, a primeira da segunda volta prevista para o 24-25 de xaneiro, destaca polo seu xogo específico como pívot e pola súa corpulencia, o que lle permite un bo xogo de costas, ademais de ser un xogador comprometido tamén en labores defensivas.
Chega por tanto unha das necesidades do equipo coa que contaba Guillermo Martínez para así cubrir a baixa de longa duración do pívot colombiano Willy May.