EDM Curtis, Carballiño FS, O Esteo FS e Moprisala Toledo, grandes triunfadores do VII Torneo de Nadal

Durante tres días, xoves 2, venres 3 e sábado 4 de xaneiro, Lugo convertiuse nun dos puntos importantes do fútbol sala de base a nivel nacional coa disputa da fase nacional do VII Torneo de Nadal organizada polo noso club e que tivo a catro campións diferentes nas catro categorías nas que se disputaba este campeonato: EDM Curtis (benjamín), Carballiño (alevín), O Esteo (infantil) e Moprisala Toledo (cadete) foron os grandes protagonistas ao levantar o título de campións e pechando así unha nova e exitosa edición do noso torneo de base que reuniu durante cinco días entre as dúas fases a 92 equipos e máis de 1000 xogadores e xogadoras así como a numeroso público e familiares que seguiron o evento nos cinco pavillóns nos que se disputou.

 

CATEGORÍA BENJAMÍN – TROFEO BT DETAIL

  • Mellor porteiro: Rubén López (Curtis).
  • Mellor xogador: Naia López (O Parrulo).
  • Subcampión: Pez Rojo O Parrulo.
  • Campión: EDM Curtis.

 

CATEGORÍA ALEVÍN – TROFEO RF FISIOCLÍNICA

  • Mellor porteiro: Luca Arias (Moprisala).
  • Mellor xogador: Mateo Pérez (Carballiño).
  • Subcampión: Moprisala Toledo.
  • Campión: Carballiño FS.

 

CATEGORÍA INFANTIL – TROFEO PARRILLADA O XUGO

  • Mellor porteiro: Teo Bollo (O Esteo).
  • Mellor xogador: Daniel Torres (Moprisala).
  • Subcampión: Moprisala Toledo.
  • Campión: O Esteo FS.

 

CATEGORÍA CADETE – TROFEO MESÓN EL CASTILLO

  • Mellor porteiro: Adrián Fernández (Lugo Sala).
  • Mellor xogador: Rodrigo Fernández (Moprisala).
  • Subcampión: Acasti Reformas Lugo Sala.
  • Campión: Moprisala Toledo.

 

Acudiron á clausura desta fase nacional e entregaron os diferentes premios en representación do PP no Concello de Lugo, Damián Carballo, en representación da Delegación de Lugo da RFGF, Iván Pico, o Presidente da ADC Lugo Sala, Marcos Pereira, e os xogadores do primeiro equipo do Lugo Sala da 2ª división, Miguel Muñoz e Yerai Espiñeira.

 

Todos os resultados desta fase autonómica en: https://lc.cx/eIgLz3

 

GALERÍA DE IMAXES