O primeiro equipo xa conta cunha das súas caras novas para a súa estrea na 2ª RFEF do fútbol sala español. Trátase do cordobés Iván Gemes Cantós de 21 anos (05-10-2002 – Córdoba) e que chega para reforzar a defensa lucense xa que se desenvolve na posición de peche. O andaluz procede do filial do Real Betis onde esta tempada recentemente finalizada foi un dos seus xogadores importantes con 29 partidos disputados e achegando cinco goles ao seu equipo.
Iván Gemes destaca por ser un gran defensor, especialista na defensa sobre pivotes pero que ten moito percorrido e con chegada a campo contrario. O cordobés entende moi ben o xogo e ademais ten experiencia na categoría, xa que a pesar da súa mocidade a pasada campaña como queda devandito militou en segunda división co Betis B e na anterior xogou no filial do Córdoba Patrimonio da Humanidade en 2ª división B e chegou a debutar co primeiro equipo na primeira división. Gemes formouse previamente na súa Córdoba natal no Adecor FS.
Tras pechar o acordo, Iván Gemes xa se mostra con ganas de que chegue a pretemporada para iniciar esta nova etapa na súa carreira deportiva: “estou moi contento de poder unirme ao Lugo Sala no seu debut na Segunda División e moi ilusionado co proxecto que se presenta, que me vai a permitir continuar coa miña formación tanto a nivel persoal como no ámbito deportivo. Quero dar as grazas pola confianza posta en min. Estou con moitas ganas de empezar xa a traballar co equipo, coñecer aos meus novos compañeiros e á afección e poñer o meu granito de area para conseguir os obxectivos que se marcou o club para esta tempada”.
Así está o persoal do novo Lugo Sala:
- Renovacións: Yago Tenreiro, Yerai, Luis Longo, Álvaro, Saúl, Brunito, Iago Rodríguez, Diego Núñez, Guillermo Martínez, Porto, Miguel e Álex Diz.
- Baixas: Héctor Lana e Antonio Diz.
- Altas: Iván Gemes (Real Betis B).