Mitxel, novo xogador para o primeiro equipo e filial

O primeiro equipo, que arrincará a súa pretemporada o vindeiro luns 19 de agosto, conta cun novo xogador, neste caso como tamén é o de Pablito ou Nico, un recurso que estará en dinámica de primeiro equipo e alternando a súa participación co equipo filial. Trátase de Mitxel de Sousa Rodríguez (14-04-2006 – Pontevedra) e que procede do Leis Pontevedra.

Mitxel, que acaba de cumprir 18 anos o pasado mes de abril, é un xogador de categoría xuvenil, cunha gran proxección deportiva e que se desenvolve na posición de pívot.

Ten experiencia en 2ª división B tras xogar no Leis e tamén foi xogador no Marín FS e o Poio Pescamar, ademais de ser un asiduo nas convocatorias da selección galega tanto sub-16 como sub-19.

 

Benvido Mitxel!