O domingo 8 de setembro, VI Clinic Lugo Sala de formación

Con motivo do décimo aniversario que o club está a cumprir neste 2024, desde a entidade organizarase unha nova edición do clinic de formación para adestradores, retomando esta actividade e que se celebrara na súa última edición en xuño de 2021. Será polo tanto o vindeiro domingo 8 de setembro cando as persoas que se inscriban a esta actividade, totalmente en liña, poidan seguir coa súa formación a través de relatorios que abarcarán todas as facetas do xogo.

 

Este VI Clinic Lugo Sala contará coa participación de sete prestixiosos adestradores de fútbol sala:

  • Tino Pérez: adestrador do FC Barcelona.
  • Marc Carmona.
  • Marlon Velasco: adestrador do Kairat Almaty.
  • Diego Ríos: adestrador do Bintang Timur Surabaya.
  • Luis López: adestrador do Poio FSF.
  • Josan González.
  • Guillermo Martínez: adestrador de ADC Lugo Sala.

 

O clinic será totalmente en liña a través de plataforma privada e os participantes tras a exposición dos relatores poderán formular as súas cuestións, ademais de ter a opción de visualización de novo dos relatorios durante os 90 días seguintes á celebración do clinic.

 

Prezos

Existen dúas modalidades de prezos:

  • Opción A – 35 €: asistencia ao clinic en directo de forma en liña e con posibilidade de visualización de novo durante 90 días.
  • Opción B – 45 €: opción A e a maiores visionado dos relatorios do V Clinic celebrado en 2021 (Albert Canillas, Nuno Dias, Juan Antonio García, Juanlu Alonso, Julio García Mera, Matías Lucuix, Jesús Candelas, Tomás de Dios, Pep Marí, David Ramos, Antonio Vadillo, Pedro García e Marc Carmona).

 

Inscricións

Os interesados en poder participar neste clinic teñen aberto xa o prazo de inscrición que se pode realizar a través do código QR presente no cartel ou na seguinte ligazón: https://lc.cx/ivhcYV

 

Máis información

Para ampliar información, os interesados/as poden consultala plataforma de inscrición en https://lc.cx/ivhcYV, enviar un correo electrónico a eventos@lugosala.com ou no teléfono 677 65 06 46