O Lugo Sala cae ante o Zamora e encadea a súa terceira derrota consecutiva (3-6)

O Municipal de Lugo viviu un novo encontro da Segunda B, entre o Lugo Sala e o Caja Rural River Sala Zamora. Un duelo no que os lucenses necesitaban volver a senda da victoria, e no que foron de máis a menos, sumando así unha nova derrota no seu casilleiro por 3-6.

O encontro comezaba cun Lugo Sala moi activo en defensa, con presión alta que lle complicaba as cousas o Zamora no seu ataque. Os pupilos de Fermín Hidalgo, saliron con fame de victoria dende o primeiro minuto, e o conxunto visitante non lograba sentirse cómodo na pista. Aínda así, os lucenses non conseguían ver o gol. Tardaron 10 minutos para abrir o electrónico, e non puido ser outro que o capitán, Miguel Muñoz, para poñer o 1-0. Un minuto máis tarde Willy May sumouse o intento de encamiñar o equipo hacia a victoria e poñía o 2-0 no marcador.

Un partido de alta intensidade defensiva do Lugo Sala que foi penalizada con moitos faltas. Foi así como chegou o primeiro gol do Zamora dende a línea de dobre penalti, para poñer o 2-1. Así, o conxunto zamorano volvía a meterse en partido, e a pouco estiveron de poñer o marcador en táboas antes do descanso, pero Adri (Torero) sacou a súa habilidade para parar outro novo dobre penalti e deixar un resultado de 2-1 ao descanso.

Tras o paso por vestuarios a dinámica foi moi distinta. Uns primeiros minutos nos que parecían que non saían as cousas, pero apareceu Isi para poñer o 3-1 e desatascar así un pouco o bloqueo do equipo. Pero a ledicia iba a durarlles moi pouco. O Zamora non viaxaba a Lugo a perder o tempo, e en 6 minutos lograban empatar o encontro, a falta de 10 minutos para chegar o final.

Un minuto máis tarde Nicolas Rolon lograba poñer o Zamora por diante no marcador, ante un Lugo Sala que non conseguía ver o gol a pesar das oportunidades. Pouco a pouco, os de Fermín Hidalgo foron perdendo as ganas, tras decisións arbitráis coas que non estaban de acordo, o que aproveitou o conxunto visitante para anotar outros dous tantos, e deixar así un resultado final de 3-6.

Terceira derrota consecutiva do Lugo Sala, que tendrá que traballando duro para conseguir a victoria na próxima xornada da Segunda B.

 

Resultados Segunda División B

 

FICHA TÉCNICA 

Lugo Sala 3: Adri, Willy May, Yago Tenreiro, Miguel Muñoz, Pansi – tamén xogaron – Vila, Javi García, Josep Segura, Pablo, Mitxel, Isi, Pedro Fernández.

Caja Rural River Sala Zamora 6: Guillermo, Jose Carlos, Saúl Méndez, Magdiel, Nicolas Rolon – tamén xogaron – Cesar Garcia, Jóse Antonio, Álvaro Tascon, Iván Gregorio, Samuel Borjas, Iván Muñoz, Javier Egido, Alejandro.

Árbitros: Alejandro Fernández Álvarez, Jonathan Manjón Rodero y Cristian Rodríguez Rendal.

Goles: 1-0 Miguel Muñoz (10’), 2-0 Willy May (11’), 2-1 Magdiel (18’), 3-1 Isi (24’), 3-2 Iván Gregorio (27’), 3-3 Nicolas Rolon (30’), 3-4 Nicolas Rolon (31’), 3-5 Saúl Méndez (36’), 3-6 Saúl Méndez (38’).

Incidencias: Xornada 7 da Segunda División B