O Lugo Sala comeza o ano cun resultado en táboas ante o Vilalba FS (3-3)

Primeiro encontro do ano, e con el, o primeiro da segunda volta. O Municipal de Lugo volvía vivir un derbi, esta vez o Lugo Salga recibía ao Vilalba FS nun encontro no que ambos os conxuntos buscaban arrincar a segunda volta sumando de tres. Ao final, tras un encontro de moitos nervios e tolemia sobre todo nos minutos finais, o partido terminaba cun resultado en táboas por 3-3.

Comezaba o encontro con dous equipos moi igualados en intensidade, tanto defensiva como ofensiva, o que mostraba que ambos querían a primeira vitoria do ano. No minuto 4, Pablito, adiantaba ao Lugo Salga no marcador tras un roubo de balón no que se foi só contra o porteiro, e conseguía introducir entre os tres paus tras o rexeite, para colocar así o 1-0. Este primeiro gol deulle un impulso aos de Fermín Hidalgo, que tiveron algunha ocasión máis nos primeiros 10 minutos do encontro, pero que non lograron converter. Aínda así, o Vilalba FS non baixou os brazos en ningún momento e foi capaz de poñer o 1-1 no minuto 13 da primeira parte.

O Lugo Salga seguiu facendo o seu traballo nos minutos finais da primeira parte, para conseguir un resultado a favor para chegar ao descanso cunha pequena vantaxe. Aínda que o Vilalba FS non lle puxo as cousas nada fáciles nesta primeira metade, no minuto 17, Isi, volvía adiantar ao conxunto lucense no marcador poñendo o 2-1 co que chegarían posteriormente ao descanso.

Tras o paso por vesturios, a dinámica do partido foi moi distinta. Os nervios por levar a vitoria empezaban a aparecer, e cometíanse máis erros. O Vilalba FS, saíu un pouco máis concentrado e no minuto 24 lograba de novo poñer o marcador en táboas por 2-2. Unha segunda metade de auténtica tolemia, sobre todo pasados os 10 primeiros minutos. Non foi ata o minuto 37 cando volvía aparecer Pablito para poñer de novo por diante a un Lugo Salga que estaba a sufrir.

A falta de tres minutos para o final do encontro pasou de todo. Expulsión de Brunito, choiva de tarxetas amarelas para o conxunto lucense, co que o conxunto que dirixe Fermín Hidalgo non estaba nada conforme. Cun xogador máis o Vilalba FS, expuxo un xogo de 5 para tentar colocar de novo o empate e mesmo loitar por sumar os tres puntos. A gran defensa do Lugo Salga a pesar de estar cun menos, complicoulle as cousas ao conxunto visitante, que non lograba poñer o marcador en táboas ata os últimos segundos do encontro. Isto deixaba cun mal sabor de boca a un Lugo Salga que loitou ata o final, pero que só puido sumar 1 punto neste primeiro encontro do ano.

 

Resultados da Segunda División B

 

FICHA TÉCNICA

Lugo Sala 3: Torero, Brunito, Pansi, Yago T, Isi – tamén xogaron – Aaron, Javi, Jose Segura, Pablito, Dani, Miguel Muñoz, Rubén S., Mitxel e Pedro.

Vilalba FS 3: Cesar J, Ismael, Hector, Hugo, Kevin – tamén xogaron – Martín, Antón Xoel, Daniel, Iago, Diego, Alejandro e Longo.

Goles: 1-0 Pablito (4′), 1-1 Hugo (13′), 2-1 Isi (17′), 2-2 Hugo (24′), 3-2 Pablito (37′), 3-3 Alejandro (40′).

Árbitros: Alejandro Fernández Álvarez, Jonathan Manjón Rodero, Cristian Rodríguez Rendal.

Incidencias: Xornada 16 da Segunda División B.