O venres 13 de setembro torneo 3×3 en Praza de Augas Férreas

Lugo Sala segue levando o deporte á rúa e así volve recuperar como actividade de promoción do club, deportiva e de carácter social os torneos 3×3. Esta nova edición celebrarase o venres 13 de setembro na Praza de Augas Férreas e esta actividade estará destinada para nenos e nenas de categorías prebenjamín, benjamín e alevín, é dicir os nados/as entre os anos 2013 e 2018.

As inscricións, gratuítas, estarán abertas dende hoxe e ata o mércores 11 de setembro para todos aqueles que desexen participar nesta actividade na que haberá partidos por categorías e obsequios para todos os participantes, así como entrega de premios aos campións de cada categoría, nun evento organizado polo noso club e que contará coa colaboración de Decathlon Lugo.

Os equipos estarán configurados por un máximo de catro participantes e mínimo de tres e haberá límite de equipos a oito por categoría, a través de rigorosa orde de inscrición.

 

Inscrición de equipos en: https://lc.cx/lMYdAr(data límite 11 de setembro ou ao completarse cada categoría).