Repaso aos resultados da nosa escola con Clínica Dental Arias López

(6-4) O filial álzase coa vitoria tras resistir ao empuxe da segunda metade do A.D.F.S (RESULTADOS)
O Lugo Sala «B» disputaba o penúltimo encontro da Terceira Divisón sen xogarse nada, e recibía ao A.D.F.S Bueu, equipo máis necesitado. Arrincaba o partido no Municipal de Lugo, cun conxunto local moi entregado, e é que con tan só dous minutos transcorridos, Álex, colocaba o 1-0 no marcador adiantando así aos seus. Antes de chegar aos primeiros 10 minutos da primeira metade, os pupilos de Álvaro poñían o 3-0. O segundo chegaría cun gol en propia de Lucas, e o terceiro de Iago Rodríguez. A partir de aquí, o Bueu, logrou frear un pouco os ataques do Lugo Sala, pero non foron capaces de reducir distancias no marcador. Este sería o resultado final ao descanso.
Tras o paso por vesturios, o conxunto local saíu máis relaxado tras a diferenza por tres goles no marcador. Isto foi capaz de aproveitalo o Bueu, que en menos de 3 minutos lograba empatar o encontro, e colocaba así o 3-3. Parecía un partido totalmente novo, e tras o susto para o Lugo Sala, aparecía de novo Álex que asinaba o seu hat-trick e afastaba así de novo ao equipo no marcador (5-3). O equipo visitante reaccinó sumando un novo tanto na súa marcadora (5-4). Os nervios comezaban a aparecer no tramo final do encontro. O Lugo Sala vía perigar os tres puntos a pesar da boa primeira metade, e o Bueu vía a posibilidade de darlle a volta ao marcador, sabendo todo o que estaba en xogo pola súa banda. Finalmente, os tres puntos quedaban en Lugo. Manuel sumaba o sexto gol para o conxunto lucense e sentenciaba así o encontro, co resultado final de 6-4.
Agora os pupilos de Álvaro pecharán a tempada a próxima xornada coa súa viaxe a Guitiriz.
(7-9) O xuvenil nacional faise coa vitoria a domicilio ante La Bañeza FS nun partido de moitos goles (RESULTADOS)
(6-1) O cadete feminino clasifícase a cuartos de Copa tras vencer en casa ao Monterroso S.D (RESULTADOS)
(2-9) O infantil de galega álzase coa vitoria en Copa ante o Troula FS e suma os primeiros tres puntos (RESULTADOS)
(5-2) O alevín de galega perde as semifinais ante o Kompite e pecha así a súa participación na fase final (RESULTADOS)




