Victoria do Lugo Sala a domicilio ante Noia FS «B» para pechar a liga regular en segunda posición (4-5)
O Lugo Sala viaxaba ata Noia para disputar o seu último encontro na liga regular da Segunda División B, coa idea de traerse de volta os tres puntos a Lugo e pechar así a tempada en segunda posición. E así foi, os pupilos de Fermín Hidalgo enfrontábase ao Noia FS «B», e a pesar dunha primeira parte na que os lucenses non estiveron á altura. A segunda parte deu unha volta ao encontro, e alzábanse así coa vitoria por 4-5. E é que se algo define a este equipo, é que nunca dan un encontro por perdido ata que soa o asubío final. Esta segunda posición dálles a oportunidade de xogar o partido de volta da primeira eliminatoria de playoffs no Municipal de Lugo.
O encontro arrincaba cun Lugo Sala incómodo sobre a pista. O Noia FS «B» saíu un pouco máis enchufado, o que xerou máis perigo e permitiulles adiantarse no minuto 5 do encontro. Co paso dos minutos, o conxunto lucense seguía sen asentarse no partido e, tras unha perda de balón preto da área, os locais ampliaron a súa vantaxe co 2-0.
Tras pasar o ecuador da primeira metade, o Lugo Sala logrou mellorar as súas sensacións e abrir así a súa marcadora para colocar o 2-1, tras un golpeo de Yago Tenreiro. Con todo, a alegría duroulles pouco. Apenas un minuto máis tarde o Noia FS «B» volvía golpear e poñía o 3-1, para seguir mandando no electrónico.
Nos últimos minutos da primeira metade, o Lugo Sala mostrou unha mellor versión e tratou de reducir as distancias, aínda que non foi suficiente para xerar ocasións e este sería o resultado ao descanso.
Tras o paso por vestiarios a dinámica comezou a cambiar. Se algo define a este equipo é a súa loita constante ata o final de cada encontro. Nos primeiros compases, o Lugo Sala xerou perigo en portería rival sen conseguir converter en gol. O Noia FS «B» non se atopaba igual de cómodo e vían como aos poucos o conxunto lucense collía os mandos. E é que no minuto 23 xa empezaban a aparecerse os nervios locais, e chegaría a expulsión do xogador local Brais.
No minuto 27, Rubén Santana comezaba a recortar distancias no marcador colocando o 3-2. E uns minutos máis tarde aparecería Isi para poñer o empate, e converter o encontro noutro totalmente distinto.
A tensión entre ambos os equipos foi crecendo chegando ao final do encontro. Pero o Lugo Sala mantiña a súa tranquilidade, e a cabeza no xogo. Se algo tiñan claro, é que viaxaban a Noia polos tres puntos. Por iso, no minuto 37, Pansi, colocaba ao conxunto lucense por diante no marcador, por primeira vez en todo o encontro (3-4). Na seguinte xogada, Yago Tenreiro, sentenciaría a marcadora visitante poñendo o 3-5.
Cando todos pensaban que este sería o resultado final, a falta duns segundos, o Noia FS «B» lograba o cuarto gol. Finalmente, o encontro terminaría co 4-5, que lle daba a vitoria ao Lugo Sala para pechar a liga regular en segunda posición, e con grandes sensacións para afrontar a primeira eliminatioria de playoffs.

Resultados da Segunda División B
FICHA TÉCNICA
Noia FS «B» 4: Jorge, Teo, Brais, Hugo e Nicolás – tamén xogaron – Raúl, Jorge, Miguel, André, Jorge e Marco.
Lugo Sala 5: Yerai, Pablito, Miguel Muñoz, Rubén e Isi – tamén xogaron – Aarón, Guti, Javi, Jose, Brunito, Yago T., Mitxel, Pansi e Pedro.
Goles: 1-0 Javi (‘5) (P.P), 2-0 André (9′), 2-1 Yago T. (15′), 3-1 Brais (16′), 3-2 Rubén (27′), 3-3 Isi (30′), 3-4 Pansi (37′), 3-5 Yago T. (37′), 4-5 Jorge (39’).
Árbitros: Ander Orbegozo Cantón, Pablo Enrique Guntín Garrido e Andrea González Pontevedra.
Incidencia: Xornada 30 da Segunda División B.




