Repaso aos resultados da nosa escola con Occident

(9-3) O filial consegue unha gran victoria ante o Guitiriz para cerrar o ano (RESULTADOS)
(6-3) O xuvenil nacional pecha o ano cunha nova derrota frente o Redondela (RESULTADOS)
(2-8) Victoria importante do cadete femenino a domicilio ante o Monterroso SD (RESULTADOS)
O encontro comezaba cun Lugo Sala que sabía a importancia de conseguir esta victoria. As pupilas de Lucía sairon decididas ao encontro xerando varias ocasións claras, pero que non foron capaces de converter en gol. Co paso dos minutos as lucenses cometeron algún erro defensivo que permitiulles ao rival ter algunha ocasión. Aínda así, Nadie era a encargada de abrir o marcador por parte do Lugo Sala e poñía así o 0-1. As cousas non ían a quedar así, as locais non baixaron os brazos e conseguían facerse cun gol poñendo así o empate. Pero as visitantes lograban marchar ao descanso co marcador a favor por 1-2.
A dinámica da segunda metade foi máis distinta. O Lugo Sala saiu con máis intensidade para seguir alargando a diferencia no marcador. O Monterroso non foi capaz de frear os ataques das visitantes, que conseguían cerrar o último encontro do ano con resultado final de 2-8.
(4-7) O cadete de galega pecha o ano cunha derrota no Municipal frente o Caranza FS (RESULTADOS)
(6-2) O infantil de galega gaña ao Narón o Freixo en casa cun gran resultado (RESULTADOS)
(5-1) O alevín de galega cerra o ano cunha nova victoria en casa frente ao Narón o Freixo (RESULTADOS)




