V Campus Multideporte: do 1 ao 5 de setembro
Lugo Sala xa ten organizada unha nova edición do seu campus multideporte e que nesta ocasión celebrarase do luns 1 ao venres 5 de setembro, de 08:45 a 15:00 horas, e que terá lugar entre o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e o Pavillón de O Palomar, entre outras, xa que tamén está previsto un día de excursión. Esta actividade está destinada para nenos/as nados entre os anos 2012 e 2019.
Durante o campus haberá xornadas multideporte, visitas de xogadores de fútbol sala e outros deportes, inclúe a comida do xoves e na última xornada haberá sorteo de agasallos.
Os prezos serán os seguintes:
- Xogadores/as Escola Lugo Sala: 90 €.
- Xogadores/as externos: 100 €.
As prazas son limitadas e para realizar as inscricións os interesados poden escanear o código QR do cartel do evento ou na seguinte ligazón: https://lc.cx/g_qqIy
Para máis información:
- 616 037 489
- info@lugosala.com
- Facilidade de pago nunha ou tres cotas.