«Medrando dende casa»: aberta a campaña de abonados para a tempada 26/27

O primeiro equipo está a piques de iniciar unha nova tempada e, con ela, chega tamén a campaña de abonados. Nesta ocasión, preséntase baixo o lema «Medrando dende casa», unha mensaxe que representa á perfección a identidade do Lugo Sala e a nosa maneira de entender este deporte.

«Medrando dende casa» é moito máis ca un lema. É unha declaración de principios. É a aposta decidida por un proxecto que nace das nosas ráices, que confía no talento da casa e que medra grazas ao esforzo, ao compromiso e ao sentimento de pertenza de todas as persoas que forman parte desta gran familia.

No Lugo Sala cremos na formación como piar fundamental do noso futuro. Apostamos polos nosos xogadores e xogadoras da canteira, ofrecéndolles a oportunidade de medrar e cumprir o soño de defender as cores do primeiro equipo. Porque o noso proxecto deportivo constrúese desde abaixo, dando valor ao traballo diario e á ilusión de quen comeza os seus primeiros pasos no club.

«Medrando dende casa» non significa únicamente formar futbolistas. Significa educar en valores, crear referentes e inspirar e inspirar ás novas xeracións para que soñen con seguir o mesmo camiño.  O Lugo Sala continúa confiando no talento da casa e de Galicia, mirando ao futuro con ambición, pero sen esquecer nunca de onde vimos. Porque sabemos que o maior patrimonio deste club está na súa xente.

Todos comezamos igual. E o camiño sempre é mellor cando medramos en familia.

 

Prezos

Os prezos de carné de abonado son os seguintes:

  • Renovación adulto: 30€
  • Renovación 2 adultos: 50€
  • Nova alta: 40€
  • Nova alta 2 adultos: 70€
  • Familia Lugo Sala Pai/Nai: 25€
  • Familia Lugo Sala 2 adultos: 45€

(*No formulario indicar nome nen@)

 

Onde facerse socio?

Desde hoxe pódense renovar e dar de alta todos os socios que o desexen a través da seguinte ligazón: Únete a nós!

Tras a renovación ou nova alta os socios/as terán acceso gratuíto para todos os partidos de liga co seu carné dixital de abonado a través da aplicación CLUBER.