Arrincan as ligas para o Automóviles M. Losada Lugo Sala B e os equipos Acasti Reformas da base

Esta fin de semana darán comezo as primeiras competicións oficiais para os nosos equipos e así o segundo equipo senior, o Automóviles M. Losada Lugo Sala B, que seguirá disputando a Preferente no seu grupo 1 e que dirixirá Álvaro Julio, dará comezo á liga visitando a pista do FS Pontedeume.

Tamén arrinca a competición o Acasti Reformas Lugo Sala xuvenil da División de Honra que dirixe José Gómez e que dará o pistoletazo de saída recibindo ao Redondela F.S. Rodavigo.

Pola súa banda o Acasti Reformas cadete Lugo Sala, ante a desaparición da División de Honra, disputará a liga Preferente Futgal (nova denominación ás antigas ligas galegas). Así o equipo que dirixe Christian Costoya dará comezo á súa liga no grupo 1B esta fin de semana recibindo ao CD Composala Milongas.

Tamén inicia a súa liga na Preferente Futgal o Acasti Reformas Lugo Sala infantil e así os de José Gómez renderán visita á pista do O Esteo FS na xornada inaugural.

Finalmente o Acasti Reformas Lugo Sala alevín da Preferente Futgal e que dirixirá esta tempada Félix Julio, dará inicio á súa competición tamén na cancha pontesa do O Esteo FS.