Primeiro arranque da base co filial e os equipos de Honra e Galega
Esta semana comezou a actividade nas nosas categorías inferiores xa que co avance do verán comezan os períodos de preparación da tempada dos diferentes equipos e así cinco deles xa deron comezo ás súas sesións de adestramentos.
O equipo filial, o Automóbiles M. Losada Lugo Sala B, que militará en Preferente tras quedar a tan só un partido do ascenso a terceira división, será dirixido por Álvaro Julio quen tamén seguirá como coordinador da Escola de fútbol sala.
O xuvenil Acasti Reformas Lugo Sala competirá un ano máis na División de Honra e xa arrincou os seus adestramentos nesta tempada na que será dirixido por Jose Gómez.
Pola súa banda o cadete Acasti Reformas será dirixido por Christian Costoya e neste caso o equipo pasará a competir en liga galega debido a que por parte da federación eliminouse a División de Honra.
En liga galega tamén militarán os equipos infantil e alevín Acasti Reformas, dirixidos por Jose Gómez e Félix Julio, respectivamente, sendo a deste último técnico unha das caras novas no corpo técnico para esta tempada.
O inicio de todas estas ligas está previsto para o 15 de setembro.
Equipos femininos
Lugo Sala tamén contará con dous equipos femininos en liga galega como serán en categoría cadete e infantil. Ambos os equipos serán dirixidos por Lucía Cabado e empezarán os seus adestramentos en próximas semanas debido a que o inicio das súas competicións está previsto para o mes de outubro.
Resto da Escola
O groso de equipos que conformarán a Escola nesta tempada 24-25 como son os equipos que competirán en ligas provinciais das categorías prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, arrincarán cos seus adestramentos o mércores 11 de setembro.