Entradas de] Prensa

O Lugo Sala volve caer en casa ante un O Esteo que non perdoa (0-3)

O Lugo Sala non comezou a tempada do mellor xeito. Dos 15 puntos posibles ata o momento, só foi quen de sumar cinco. Os últimos chegaron no derbi ante o Vilalba, no que conseguiu un empate a domicilio. Así, os de Christian Costoya afrontaban o encontro no Municipal de Lugo co obxectivo de facerse fortes […]

Luis Longo regresa ao Lugo Sala e pecha así o mercado de fichaxes

O xogador lucense Luis Longo volve vestir a camiseta do Lugo Sala, club co que xa viviu algúns dos momentos máis importantes da súa carreira. O seu regreso supón a volta a casa dun futbolista moi ligado á entidade e cun amplo coñecemento da competición. Longo conta cun salientable palmarés no conxunto lucense, con dúas […]

Lugo Sala decide no tramo final un duelo moi igualado ante Os Meigallos (4-8)

O Lugo Sala viaxaba ata Sarria para disputar a segunda fase da Copa Galicia ante o recentemente ascendido a 3ª División, Os Meigallos. O conxunto da capital lucense chegaba como favorito a este encontro, pero aínda así o equipo local púxolle as cousas complicadas a primeira media hora. Finalmente, os pupilos de Christian Costoya lograron […]

«Medrando dende casa»: aberta a campaña de abonados para a tempada 26/27

O primeiro equipo está a piques de iniciar unha nova tempada e, con ela, chega tamén a campaña de abonados. Nesta ocasión, preséntase baixo o lema «Medrando dende casa», unha mensaxe que representa á perfección a identidade do Lugo Sala e a nosa maneira de entender este deporte. «Medrando dende casa» é moito máis ca […]

Javi Fernández convértese na segunda fichaxe do Lugo Sala

O Lugo sala continúa perfilando o seu persoal para a próxima tempada, e con iso chega a segunda fichaxe. Javi Fernández (Vigo, 18 anos), un prometedor á-esquerdo que chega procedente do IES Coruxo, Segunda B, para poñerse a predisposición de Christian Costoya desde o primeiro día. O mozo galego destaca pola súa velocidade, mobilidade e […]

Koke convértese na primeira fichaxe do Lugo Sala para reforzar a portería

Comezan os primeiros movementos no Lugo Sala. O conxunto lucense incorpora un novo porteiro nas súas filas, para reforzar a portería. Koke, un mozo de 19 anos e nativo de Lugo que regresa á súa cidade tras varias tempadas no Noia Portus Apostoli F.S. Chega tras unha ampla trayectoría formativa e competitiva. Os seus inicios […]

Christian Costoya asume o mando do primeiro equipo para a próxima tempada

Christian Costoya será o novo adestrador do primeiro equipo tras unha extensa e sólida traxectoria dentro do club. O técnico lucense leva 11 anos vinculado á entidade, nos que pasou por todas as categorías formativas da escola, desde biberón ata xuvenil. Nesta última tempada, dirixiu ao equipo de Xuvenil División de Honra, conseguindo a permanencia […]